CRTVG

Buscar

PP e PSOE acúsanse do bloqueo da renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial

Publicado o 22/04/2021 13:48

Hoxe reúnse o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial para analizar a recente reforma legal que lles recorta as competencias cando están en funcións, como agora. A lei, impulsada por PSOE e Podemos, impide, por exemplo, que poidan realizar designacións na cúpula xudicial.

E hai case 50 pendentes ata final de ano. Por iso os propios xuíces, igual que fixo Bruxelas, urxen aos partidos a que se poñan de acordo para aprobar a súa renovación. Pero de momento non hai avances. PSOE e PP seguen acusándose mutuamente de impedir o pacto. 

Noticias web

22/04/2021