CRTVG

Buscar

Segue medrando a afluencia o Camiño dos Faros na Costa da Morte

Publicado o 01/09/2021 21:03
Segue medrando a afluencia o Camiño dos Faros na Costa da Morte

O turismo deportivo e o sendeirismo están en auxe. É o caso do Camiño dos Faros, ruta de oito etapas pola Costa da Morte que aumentou a súa afluencia de público un 33 % durante este 2021.

Nestes tempos marcados pola pandemia, é unha das actividades de moda debido ás escasas posibilidades de contaxios ao aire libre e en lugares pouco masificados. O Camiño é un exemplo de proxecto sostible e responsable que pon en valor a incomparable paisaxe e patrimonio desta parte da costa galega.
 

Noticias web

01/09/2021