CRTVG

Buscar

Segue ingresado o marido da muller que faleceu tras caerlle unha árbore en Mondariz-Balneario

Publicado o 05/10/2021 22:20
Segue ingresado o marido da muller que faleceu tras caerlle unha árbore en Mondariz-Balneario

Continúa ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o marido da muller que faleceu tras caerlle enriba unha árbore en Mondariz-Balneario. O home segue evolucionando favorablemente e o seu estado non reviste gravidade.

Manuel recibiu un forte golpe, polo que ten afectadas varias costelas. O resto dos feridos que foran derivados aos centros de saúde da zona recupéranse nas súas casas.

Mentres, a Garda Civil investiga as posibles causas do accidente, e o Concello decreta tres días de loito oficial pola morte de Josefa, de 68 anos.

Noticias web

05/10/2021