CRTVG

Buscar

Segue desbocada a evolución da pandemia na área sanitaria Pontevedra-O Salnés

Publicado o 15/07/2021 14:42

A transmisión de covid−19 continúa desbocada na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Hoxe rexistra 1285 casos e 183 novos positivos nas últimas 24 horas pero tamén se recolle un dato positivo. Baixan as hospitalizacións de dez a oito. A pandemia segue avanzando en todos os concellos desta área sanitaria, pero especialmente chamativa é a situación de Sanxenxo.

Cunha incidencia acumulada a 14 días de 669, hoxe rexistra 116 novos casos, 23 máis que onte. Con estas cifras, o comité clínico acordou que a partir deste venres pase a nivel medio-alto de restricións pero baixo unha especial vixilancia, polo que tampouco se descarta que nos próximos días poida pasar a nivel alto, unha medida que dende o sector da hostalaría reciben con certo temor.

Non só Sanxenxo empeora. Poio é outros dos concellos que se atopa baixo vixilancia especial. Alí a hostalaría tamén ve reducida a ocupación, e esa é unha medida que xera controversia. A partir deste venres ás 12 da noite varios municipios verán restrinxida a súa activade. Agardase que con estas medidas se poida frear esta escalada de contaxios.

Noticias web

15/07/2021