Segue desaparecido o estibador afundido no accidente dun mercante en Castelló
Máis de 150 efectivos volveron traballar este domingo no porto de Castelló, pero segue sen aparecer o corpo do estibador de 36 anos que estaba a bordo do mercante panameño cando se afundiu. Este traballador portuario é castellonenco e a súa familia segue con anguria todo o proceso de busca.
Onte pola tarde aparecera o corpo sen vida dun dos tripulantes do barco, un mozo indio de 22 anos, e durante esta xornada reforzouse o operativo de rescate.
"Esta mañá incorporáronse un robot subacuático do servizo de Salvamento Marítimo da Coruña e un helicóptero da Garda Civil para sobrevoar a zona e facer unha revisión de toda a lámina de auga", explicaba Rafael Simó, presidente da Autoridade Portuaria de Castelló
Mentres, continúa a investigación sobre o motivo do afundimento do buque cando o estaban cargando con colectores. Trátase de determinar se levaba máis peso do declarado ou se se distribuíu mal o frete e iso desequilibrou o mercante. Calcúlase que o porto castellonenenco pode estar paralizado na práctica durante un mes como minimo mentres se recuperan os numerosos colectores esparexidos e a propia embarcación.