CRTVG

Buscar

Segue crítico o bebé ferido no incendio de Huelva que deixou dous irmáns mortos

Publicado o 08/01/2020 14:27

Continúa en estado crítico o bebé de 15 días ferido no incendio dun piso en Huelva que lles custou a vida a dous irmáns de 15 e 24 anos.

Tamén permanece ingresada en estado grave a muller de 50 anos, avoa do bebé e nai dos dous falecidos, que ten feridas graves no trinta por cento do corpo.

As outras catorce persoas que tiveran que ser atendidas, entre elas dous bombeiros e dous policías, xa foron dadas de alta.

Noticias web

08/01/2020