CRTVG

Buscar

Segue a escalada de casos en Lugo: elévanse xa a 2.000

Publicado o 27/07/2021 13:49

A área sanitaria de Lugo vai camiño de superar as marcas de contaxios acadadas dende o inicio da pandemia. Hoxe hai 2000 casos activos, a cifra máis alta na provincia alcanzouse a finais de xaneiro, con 2.173. A maior explosión de casos rexistrouse na última semana e xa hai 30 pacientes en planta e un na unidade de coidados intensivos. O maior número de contaxios concéntranse na capital e na Mariña, comarca onde se está a cribar os máis novos.

"Saber se estás contaxiado, son medidas para controlar o virus". "Descubrir asintomáticos que seguramente saian bastantes".

Así foi, dos cribados que se fixeron en Viveiro, Ribadeo e Foz saíron 41 positivos, e isto tendo en conta que a participación foi baixa, acudiron menos da metade dos citados. Hoxe cribarase a mocidade de Burela e Cervo, están convocadas 4.300 persoas. As autoridades sanitarias piden colaboración.

 "É importante e é a única forma que temos a día de hoxe de frear a progresión da pandemia neste grupo de idade, xente nova sen vacinar, e que están máis vulnerables a sufrir a infección", di María José Cortés, directora do Hospital público da Mariña.

Na Mariña os casos activos superan os 700; naa capital a cifra está por riba do medio milleiro.

Noticias web

27/07/2021