CRTVG

Buscar

Segue a busca dos dous desaparecidos tras envorcar un mercante no porto de Castelló

Publicado o 29/05/2021 13:01

Continúa a busca no porto de Castelló dos dous homes desaparecidos onte á noite tras envorcar o barco en que traballaban. Son un tripulante e un estibador que caeron á auga. Hai ademais outras tres persoas feridas, unha deles en estado grave.

O buque, con nove tripulantes, ten bandeira panameña e 79 metros de eslora. Como medida de precaución, instalaronse barreiras anticontaminación ante posibles fugas de combustible.

Investígase como unha posible causa do envorcadura do buque o exceso de carga.

 

Noticias web

29/05/2021