CRTVG

Buscar

Segue a busca do patrón do Marsua J. afundido preto das illas Cíes

Publicado o 28/02/2020 13:41

Un amplo dispositivo púxose en marcha esta mañá na quinta xornada de busca do mariñeiro desaparecido no naufraxio do Marsua J.

No operativo participan arestora as embarcacións de Salvamento Marítimo Salvamar Mirach, da Garda Civil Corvo Mariño e Punta da Guía do servizo de Gardacostas. Nesta xornada tampouco puideron actuar os mergulladores debido ás malas condicións do mar. Agárdase que na fin de semana xa poidan somerxerse na busca do patrón, Jorge Emilio Martín. Amigos e familiares volveron unirse tamén ao operativo coa esperanza de localizalo canto antes.

Noticias web

28/02/2020