CRTVG

Buscar

Segue a busca do home desaparecido en Boimorto hai 9 días

Publicado o 09/03/2020 13:27

Cúmprense nove días desde que Manuel Fandiño, de 82 anos de idade, foi visto por última vez por unha das súas veciñas. Foi contra as oito da tarde do sábado 29 de febreiro, camiñando pola parroquia de Brates, onde reside, no concello de Boimorto.

Máis de 200 voluntarios, efectivos da Garda Civil, Protección Civil e drons de Axega, entre outros medios de emerxencias, percorreron minuciosamente pistas e montes da zona sen atopar pista ningunha. A principal hipótese céntrase en que Manuel, que padece demencia, se desorientara e non soubese volver para casa.

Tras as primeiras investigacións descartan unha marcha voluntaria ou mesmo unha morte violenta.

No momento da súa desaparición, Manuel Fandiño vestía un xersei azul cunha banda branca, pantalón gris escuro e sombreiro. Malia que para a xornada de hoxe non hai previsto ningún dispositivo especial de busca, unha patrulla da Garda Civil, veciños e familiares seguen rastrexando a zona.

Noticias web

09/03/2020