Segue a busca da muller valenciana desaparecida tras citarse pola Rede
Fai hoxe tres semanas da desaparición de Marta Calvo, a muller que se citara cun home pola Rede na localidade valenciana de Manuel. O principal sospeitoso é un cidadán colombiano con antecedentes por narcotráfico que segue a ser buscado.
A Garda Civil rexistrou de novo a vivenda do principal sospeitoso da desaparición de Marta Calvo.
A muller, de 25 anos, citárase cun home co que contactara pola Rede e que tiña alugada unha casa na pequena localidade valenciana de Manuel. Era o sete de novembro e tres semanas despois segue sen haber rastro dela.
Aquel día Marta envioulle a súa nai unha última mensaxe de localización para que decirlle onde estaba. Ao non saber dela ao día seguinte, a nai foi ata a vivenda que lle marcaba o localizador onde un home lle dixo que non coñecía de nada a súa filla. Momento en que presentou unha denuncia por desaparición.
Agora sábese que o home co que se citara Marta era un cidadán colombiano con antecedentes policiais por narcotráfico que abandonou a vivenda tras a visita da nai e que está a ser buscado.
Os axentes atoparon o coche del nunha nave a piques de ser despezado, o que aumentou o temor de que haxa que afrontar o peor dos desenlaces.