CRTVG

Buscar

Segue a baixada dos casos activos (-332), pero aumenta a presión asistencial (+10)

Publicado o 30/08/2021 10:16

• Baixan os novos casos detectados por PCR con respecto ao día anterior (-83)

• A área sanitaria de Ourense é a única que suma máis casos activos (+1)

Segue a baixada dos casos activos (-332), pero aumenta a presión asistencial (+10)

Os casos activos seguen descendendo. Na xornada de hoxe hai 8.275 casos activos en Galicia, 332 menos ca no día anterior. 

Tamén baixan o número de casos novos detectados a través de PCR (-83). En total, foron detectadas 309 probas positivas as distintas áreas sanitarias, que non superan a centena en ningún caso.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 1.472 (-142)

A Coruña: 2.178 (-93)

Pontevedra: 828 (-56)

Santiago: 1.306 (-24)

Ourense: 687 (+1)

Lugo: 1.457 (-5)

Ferrol: 586 (-24)

Con respecto á presión asistencial, esta aumenta con respecto á xornada de onte (+10). En concreto, hai 11 persoas máis hospitalizadas en planta (201), pero unha menos en coidados intensivos (54). Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de catro persoas por mor da covid, alzando a cantidade de decesos aos 2.564 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos