CRTVG

Buscar

Secuenciado un caso da variante surafricana na área sanitaria da Coruña

Publicado o 15/04/2021 17:58
Secuenciado un caso da variante surafricana na área sanitaria da Coruña

A área sanitaria da Coruña e Cee secuenciou un caso da variante surafricana, segundo confirmaron desde a Consellería de Sanidade. "Temos un caso pendente do resultado da secuenciación", apuntaron en relación á proba definitiva que determinará se se trata desta variante. En Galicia, o primeiro caso detectouse a finais do pasado xaneiro en Vigo nun home vinculado coa industria naval, que viaxara a Suráfrica por motivos laborais.

Noticias web

15/04/2021