Seat anuncia un ERTE para 10.000 traballadores en Cataluña pola falta de compoñentes
Publicado o 15/09/2021 21:04

Seat anuncia un ERTE que afectaría a máis de 10.000 traballadores das súas fábricas en Cataluña. O motivo é a falta de abastecemento de materias semicondutores. De xeito paralelo, a compañía estuda desconvocar quendas de traballo porque non chegan os materiais suficientes como para manter a actual produción. Seat xa aplicara un ERTE entre finais de xaneiro e maio.