CRTVG

Buscar

"Se me colle a min, mátame", un verinés recibe no coche o disparo duns cazadores

Publicado o 06/10/2021 14:56

Tremendo susto un veciño de Verín cando conducía tranquilamente pola estrada de Queirugás onde ten unha parcela. Mesmo pensou que o querían matar.

Cando conseguiu tranquilizarse, parou o coche e viu os grandes buracos que lle provocou o disparo. Foi axiña presentar a denuncia á Garda Civil que sospeita que se tratou do tiro fortuíto duns cazadores de xabaril.

Pola antiga Nacional 525 son moitas as persoas que camiñan a diario e denuncian tamén a presenza de cazadores moi preto.

O seguro non se fai cargo do amaño e polo momento descoñécese a autor dos disparos. Manuel, con todo, celebra que non lle pasase nada e agarda que isto sirva para que os cazadores tomen conciencia dos riscos.

A Lei de caza prohibe disparar e andar con armas cargadas a menos de 50 metros dunha vía pública e a menos de 100 dunha zona habitada.

Noticias web

06/10/2021