CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Schulz dimite como presidente do SPD

Publicado o 13/02/2018 21:28
Por certo que o xuiz acaba de decretar prisión provisional para todos os detidos, incluído o presidente de Oxfam e o ex presidente de Guatemala. Máis cousas. Martin Schulz presentou esta tarde a súa dimisión con efecto inmediato como presidente do Partido Socialdemócrata alemán e propuxo como sucesora a xefa do grupo parlamentario no Bundestag, Andrea Nahles
.Schulz dixo que con esta decisión pretende iniciar a renovación do partido e que os seus afiliados deixen as disputas internas sobre os cargos, para centrarse en estudar e avalar o acordo de Goberno con Merkel. Os malos resultados electorais e os seus cambios de parecer sobre a Gran Coalición obrigárono a renunciar a ser o ministro de Exteriores e a deixar a dirección do partido.

Telexornal Serán

13/02/2018