CRTVG

Buscar

Óscar Whalley chega a Lugo para ocupar o lugar de Ander Cantero

Publicado o 25/07/2021 19:15

Trocos na portería do Club Deportivo Lugo. Pola mañá anunciábase a fichaxe de Ander Cantero polo Eibar. O substituto xa estaba cociñado e anunciouse pola tarde. Ocupará o seu posto Óscar Whalley, porteiro que a última temporada xogou no Castellón. 

Whalley formouse no Zaragoza, chegou a debutara no primeiro equipo (2013-15), pasou polo Huesca e o Spórting e probou sorte no extranxeiro. Xogou en Dinamarca (Aarhus) e en Grecia (no OFI Creta). O Castellón recuperouno para o fútbol español e alí disputou 24 partidos, 22 deles como titular loitando con Álvaro Campos.