CRTVG

Buscar

Óscar García dirixe o adestramento do Celta tras a parada

Publicado o 29/12/2019 19:54
Óscar García dirixe o adestramento do Celta tras a parada

Na volta ao traballo do Celta había incerteza por saber se estaría á fronte Óscar García, que segue lidando cun grave problema familiar en Barcelona. E o técnico incorporouse, segundo o previsto, para dirixir esta primeira sesión. Unha sesión que non contou cos mancados, nin tampouco con Olaza, o Toro Fernández e Okay Yokuslu. Hugo Mallo adestrouse á marxe e aparece no parte médico cunha distensión nos adutores.

Noticias web

29/12/2019