CRTVG

Buscar

Òscar García di que hai que ir con coidado con Emre Mor

Publicado o 03/09/2020 13:15

• O turco marcou nos dous amigables do Celta

O adestrador do Celta de Vigo, Òscar García, pediu “non lanzar as campás ao voo” co extremo turco Emre Mor a pesar do seu bo rendemento nos amigables ante o Real Oviedo e o CD Lugo. “Sabemos que ten momentos eléctricos, pero o que queremos é que sexa regular durante todo o partido. Temos que ir con coidado porque sabemos o que pasou antes”, destacou o técnico celeste.

“Se ninguén me explicase o de antes, veríao como un mozo normal, que está a adestrar ben. Ten que seguir nesta liña porque se o fai pódenos axudar”, insistiu o técnico celeste.

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

03/09/2020