CRTVG

Buscar

Óscar García fai un ano no Celta cun futuro incerto

Publicado o 04/11/2020 10:09

Óscar García prepara o partido do venres contra o Elxe, que cheira a ultimato. Pero ao adestrador non lle consta. Di que ninguén do club falou con el tras a derrota coa Real Sociedade.

Óscar García: "Ninguén do club me comentou nada diso, pero sei que moitas veces o adestrador é o último en sabelo"

Esta semana fai un ano da súa chegada ao Celta. Admite que hai cousas do club que non lle gustan, e máis nestas circunstancias.

Ao final da temporada pasada non podía imaxinar o pobre mercado de fichaxes.

Óscar García: "Se mo din entón, non o creo".

Recoñece que o equipo non está ben: "Este non é o noso mellor momento, pero xa xogamos contra o Madrid, o Barcelona, o ATM , a Real Sociedade".

Importa moito o estado de ánimo de Iago Aspas, que publicou unha foto en Instagram acompañada da frase "Tocado si, afundido nunca". "Hai que facerlle unha estatua en Balaídos", dixo o técnico.

Óscar García non deixa de poñelo como exemplo mentres bota un pulso con Hugo Mallo. O lateral xa está a disposición do adestrador para o partido en que pon o cargo en xogo.

Noticias web

04/11/2020