CRTVG

Buscar

Satisfacción na Xunta polo aval dos tribunais ao certficado da covid

Publicado o 02/10/2021 14:26

Satisfacción na Xunta pola decisión dos tribunais de avalar o uso do certificado da covid nos locais de ocio nocturno. O vicepresidente Alfonso Rueda, cre que a medida nos achega á nova normalidade e contribuirá, ademais, a acabar cos botellóns na rúa. Ademais non se descarta estender o uso do certificado a outros ambientes.

"Xa dende hoxe estou seguro que se empezará a aplicar e se converterá nunha practica normal. A inmensa maioría das persoas que acceden a estes locais están vacinadas. Ademais é algo que se está a facer en todos os países de Europa e funciona con normalidade. Estou seguro de que en Galicia tamén", subliña.

Rueda lembra que "aqueles que decidan solicitarlle á clientela o certificado de vacinación poderán funcionar máis horas, ata as catro da mañá e con máis ocupación, o 75 por cento no interior, que é tanto como dicir que xa nos estamos achegando á vida normal de antes".

Noticias web

02/10/2021