CRTVG

Buscar

Sargadelos aumenta a súa presenza no MOMA de Nova York

Publicado o 16/06/2021 15:33

A popular cerámica de Sargadelos ampliará a súa presenza no Museo de Arte Moderna de Nova York, unha das grandes referencias mundiais da vangarda artística. O museo encargou tres series de pratos, prato fondo, prato chan e prato de sobremesa para vender nas súas tendas de Nova York e Hong Kong a partir do mes de outubro. Os pratos engadiranse ás pezas que xa vende o MOMA desde o ano 2018.

O museo de vangarda é coñecido por ser moi esixente e, segundo a empresa con sede en Cervo, Sargadelos, o museo requiriu probas da fabricación da cerámica, famosa pola súa duración, a súa calidade e por sintetizar en azul cobalto e branco a identidade galega.

Noticias web

16/06/2021