CRTVG

Buscar

Saqueo de comercios e bancos na cuarta noite de violencia en Cataluña

Publicado o 20/02/2021 14:16

Cuarta noite de violencia en Cataluña, nas protestas polo encarceramento do rapeiro Hasél, que rematou con catro detidos, dous en Barcelona e outros dous en Xirona.
Durante os incidentes varios comercios foron saqueados e sete entidades bancarias sufriron danos importantes.

En Barcelona, uns 2.000 manifestantes, segundo fontes policiais, enfrontáronse aos Mossos, guindándolles todo tipo de obxectos ao tempo que queimaban colectores. Oito axentes quedaron feridos.

En Xirona, onde foron detidas dúas persoas, tamén se rexistraron disturbios graves e estragos considerables en dúas entidades bancarias. A CUP denunciou que un deputado desta formación, que mediaba durante a detención dun manifestante, sufriu unha agresión por parte da Policía.








 

Noticias web

20/02/2021