CRTVG

Buscar

Sanxenxo supera os 250 casos por cada cen mil habitantes e está en nivel alto de restricións

Publicado o 30/03/2021 14:54

A vila turística tivo que dar un paso atrás e comeza a Semana Santa en nivel alto de restricións. O motivo foi un aumento dos contaxios diarios que comezou a mediados de marzo.

O municipio pode recibir visitantes doutros puntos da comunidade, pero din os veciños que por agora hai pouca xente. A hostalería está pechada no interior e nas terrazas a capacidade máxima ao cincuenta por cento.

Moitos hoteis e establecementos turísticos permanecen pechados e poñen as súas expectativas no verán. Dos concellos galegos con máis de dez mil habitantes, o de Sanxenxo é o que máis preocupa, A incidencia acumulada a 14 días supera os 250 casos por cada cen mil habitantes. 

O Sergas convocou un cribado masivo, desta vez están citadas máis dun milleiro de persoas dos ámbitos do turismo, a hostalería, Policía Local e clubs deportivos. 

 

 

Noticias web

30/03/2021