CRTVG

Buscar

Sanxenxo suma 187 casos en sete días, sen contar os positivos dos veraneantes

Publicado o 19/07/2021 14:55

Volve subir o contador en Sanxenxo: diagnosticáronse 187 casos nos últimos sete días e suman 233 nos últimos 14. E iso entre as persoas empadroadas, porque os positivos de veraneantes contan no seu lugar de orixe.

Disparouse a incidencia acumulada a 14 días e xa supera os 1.300 casos por cen mil habitantes. É a segunda peor de Galicia, despois da do concello de Avión.

Concello e empresarios turísticos prefiren esperar á decisión do comité clínico para facer valoracións, pero a situación preocupa, e na rúa dan por feito que esta semana van aumentar as restricións.

Na última revisión, Sanxenxo quedara no nivel medio de restricións, coa hostalería limitada ao 30 por cento da capacidade no interior, ao 50 fóra, e cos establecementos de ocio nocturno abertos.

 

Noticias web

19/07/2021