CRTVG

Buscar

Sanxenxo suma 19 novos positivos nos cribados realizados nas horas previas á entrada no nivel máximo

Publicado o 23/07/2021 13:56

Con 19 novos positivos nas últimas 24 horas, Sanxenxo encabeza a lista de concellos con maior incidencia acumulada de Galicia, cunha taxa de 1.931 casos por cada 100 mil habitantes. Os casos positivos rexistrados nos últimos 14 días ascenden a 335. Os datos son preocupantes nun dos concellos máis turísticos de Galicia ás portas de entrar no nivel máximo de restricións.

Malia o anuncio do peche do ocio nocturno nos concellos con niveis máximo e alto, a normativa publicada no DOG permite a apertura ata a unha da madrugada dos locais que poidan ofrecer servizo en terraza, cunha ocupación do 50 por cento da súa capacidade. No sector, apuntan a que a situación é insostible economicamente e que a normativa os aboca ao peche.

A situación é preocupante, por iso durante toda a semana se estableceu un cribado con sistema de autocita. O nivel de participación foi aumentando co paso dos días.

Das 1.000 persoas de 16 a 35 anos citadas onte, 18 deron positivo. Hoxe hai citadas outras 400. Algunhas das que acoden hoxe fano preocupadas tras saber que estiveron en contacto cun positivo ou por seguridade. Os cribados, ademais de detectar novos positivos, permitirán obter o documento que acredite estar libre do virus.

 

Noticias web

23/07/2021