CRTVG

Buscar

Sanxenxo prevé chegar ao 95% da ocupación hoteleira este verán

Publicado o 19/02/2021 17:34

Son moitos os que soñan con cambiar as ondas da pandemia coas do mar nas praias de Sanxenxo. Tanto e así que no concello prevén un verán de recuperación, cunha actividade turística similar á de 2019.

Confían en que a situación sanitaria permita acoller en Sanxenxo todos os que, xa desde o mes de decembro, comezaron a facer reservas nos hoteis e nos amarres do porto.

Na rúa as expectativas son outras. Coa hostalería pechada, o peche perimetral e a terceira onda activa son moitos os veciños aos que, a día de hoxe, lles custa pensar nun verán coma os de antes.

O Concello activou medidas para reforzar a seguridade e a calidade dos servizos con vistas á chegada de visitantes. Agárdanos en xullo e agosto, pero tamén en setembro, coa Volta a España e o campionato europeo de vela como protagonistas.

Noticias web

19/02/2021