CRTVG

Buscar

Sanxenxo non se sitúa no nivel alto de restricións a pesar da elevada incidencia da covid−19

Publicado o 15/07/2021 15:23

Un dos concellos onde os locais de ocio están especialmente afectados é o de Sanxenxo, en plena actividade turística. Xa non conta só a incidencia acumulada, e por iso Sanxenxo sobe ao nivel medio de restricións, pero pode manter a actividade nos locais de ocio nocturno.  

No concello xa advertiron que van ser inflexibles cos que non cumpran, pois está no punto de mira das autoridades sanitarias, cunha incidencia acumulada de 666 casos por 100.000 habitantes. Só no último día, rexistráronse 24 novos contaxios, que suman 116 casos activos, 107
deles na última semana, por iso non se descarta que se poidan endurecer as medidas sanitarias.

Sorpresa e alivio comedido no sector hostaleiro de Sanxenxo. Dende o sábado reducirán as súas capacidades tanto dentro como fóra dos locais, pero as medidas son menos duras do agardado.

En plena campaña de verán tamén se mantén aberto o ocio nocturno, aínda que a repunta dos contaxios está a reforzar a concienciación dos veciños.

Cunha incidencia acumulada de 666 casos por 100.000 habitantes, Sanxenxo mantense baixo unha vixilancia especial. Hai 116 casos activos e non se descartan novas medidas que axuden a frear os contaxios.

Noticias web

15/07/2021