CRTVG

Buscar

Sanxenxo habilita un punto de test covid para facilitar o acceso "seguro" á hostalería

Publicado o 28/07/2021 18:20
Sanxenxo habilita un punto de test covid para facilitar o acceso "seguro" á hostalería

Sanxenxo contará desde este sábado 31 de xullo e ata o 31 de agosto cun punto de test covid no porto deportivo, que habilita o Concello en coordinación co centro sanitario E- Saúde. O que se busca é facilitar o acceso "seguro" á hostalería e o cumprimento das actuais medidas sanitarias.

As probas realizaranse de luns a domingo en dúas quendas, de 12.00 a 16.00 horas, e de 19.00 a 23.00 horas. Un equipo de enfermeiros encargarase de tomar as mostras para realizar test de antíxenos cun custo de 10 euros e o resultado será inmediato. Se é negativo, emitirase un certificado que se poderá presentar no local de restauración se se quere acceder ao interior e terá unha validez de 48 horas.

O punto contará tamén cun servizo complementario para a realización de PCR. Todos os resultados das probas, sexan positivos ou negativos, serán compartidos co Sergas de forma automática a través da plataforma 'Rexel', o que permitirá iniciar o rastrexo nos casos en que se detecte algún positivo e activar o protocolo.

Noticias web

28/07/2021