CRTVG

Buscar

Sanxenxo entra nivel alto de restricións ás portas da Semana Santa

Publicado o 24/03/2021 14:40

Só clientes nas terrazas e utilizando a metade da capacidade dispoñible. Así encara a Semana Santa o sector hostaleiro de de Sanxenxo. Algo que xa se temían. O retroceso débese ao incremento substancial da incidencia acumulada, que se triplicou nunha semana.

"A semana pasada falabamos dunha incidencia acumulada de 45 é dicir, habia 8 casos. Esta semana convertírose en 24", di Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública.

Colle a moitos hostaleiros aprovisionando mercadoría e chamando empregados. Unhas previsións que confian melloren na época estival.

"É malo perder a Semana Santa, pero se iso significa chegar ao verán cunha certa normalidade, pois adiante", di Alfonso Martínez, presidente do Consorcio de empresas turísticas de Sanxenxo.

Mirando, pois, cara adiante, coa vista posta no verán. 

Noticias web

24/03/2021