CRTVG

Buscar

Sanxenxo baixa a nivel medio e a hostalería pode atender no interior

Publicado o 08/04/2021 14:55

Dende hoxe, Sanxenxo baixa a nivel medio. Hostaleiros e comerciantes celebran o alivio do nivel de restricións, pero piden non baixar a garda. O verán está ás portas e temen perder os meses de traballo máis intenso.

Dende hoxe poden atender no interior dos locais co 30 por cento de ocupación. 50 por cento en terrazas. Día de semana e poucos clientes nos restaurantes. A maioría, traballadores que buscan onde comer quente.

Prudencia piden tamén dende o Concello, para non entrar no verán igual ca na Semana Santa.

Noticias web

08/04/2021