CRTVG

Buscar

Santurtzi gaña a Bandeira de Lekeitio e Ares domina a Liga Galega

Publicado o 30/06/2019 19:31

A ACT saiu a mar aberto e aí apareceu a mellor versión de Cabo. Protagonizou un gran man a man coa actual campioa de liga, Urdaibai. Gañou ese duelo particular e asinou un sexto posto, o mellor desta temporada. Tamén acadou o mellor posto da súa historia na Euskolabel o equipo de Santurtzi. Cos galegos Nando Rúa e David Iglesias no catorce titular gañaron en augas de Lekeitio e, á fin, ergueron unha bandeira na gran competición do remo do Cantábrico. Na Liga Galega alternaban o seguemento da ACT pola nosa web coa segunda proba puntuable da temporada. Cun cheo absoluto no peirao de Ares a traiñeira local foi a máis rápida. Dominou dende o principio, meteulle seis segundos a Mecos e dez a Samertolameu. Logo de dúas probas puntuables o cadro aresán leva un pleno de triunfos.

Noticias web

30/06/2019