CRTVG

Buscar

Santurtzi e Arraun gañan unha Bandeira da Concha con acento galego

Publicado o 12/09/2021 13:01

Xa coñecemos os gañadores da regata máis prestixiosa da temporada nas traiñeiras. En categoría masculina vitoria de Santurtzi, con catro galegos dentro do equipo que gañou a Bandeira da Concha. Santurtzi precisaba remontar dous segundos a Hondarribia e acabou gañando a Bandeira por catro décimas. Cabo acabou na sétima posición e Ares foi a oitava. Tamén houbo alegría para Chapela en categoría feminina xa que conseguiu subir un posto na clasificación final logo de acabar na sétima praza. O triunfo foi de Arraun, tamén con dúas galegas no seu equipo titular.

Noticias web

12/09/2021