CRTVG

Buscar

Santiago súmase ás cidades con 'multamóbil'

Publicado o 04/03/2020 13:49

Vehículos mal estacionados en zonas de residentes, de carga e descarga ou en paradas de 15 minutos. Serán os principais obxectivos dos dous novos multamóbiles que, segundo fontes municipais, comezarán a operar o próximo verán en Santiago.

Trátase de vehículos que levan incorporada unha cámara de gravación. Unha tecnoloxía que permite emitir un informe directamente á Policía Local, propoñendo para sanción os coches mal aparcados, que están en prazas que non lles corresponden ou que exceden o tempo de estacionamento permitido.

A capital galega súmase así a outras cidades como Vigo, Ourense ou A Coruña, que xa contan con este tipo de automóbiles de vixilancia integral. Unha nova ferramenta de control do tráfico, que se une á posta en marcha dos dous novos radares de Conxo e do Restollal.

Noticias web

04/03/2020