Santiago só dispón dun cento de pisos en réxime de alugueiro non vacacional
Publicado o 08/10/2019 15:07
Entre as 7 grandes cidades de Galicia hai só dispoñibles 2.320 vivendas en réxime de alugueiro tradicional, unha tendencia á baixa que se fai máis evidente en Santiago, onde non chegan a un cento. Son datos de hai uns días e reflicten un problema que se vía vir.
Esta realidade aboca as familias a buscar piso nas áreas metropolitanas e concellos limítrofes. Máis problemas teñen os estudantes.
Segundo datos do sector, o 80% dos alugueiros vacacionais non cumpren a normativa, polo que solicitan un maior control e un regulamento.