CRTVG

Buscar

Santiago seduce milleiros de turistas e peregrinos neste comezo de agosto

Publicado o 01/08/2021 15:12

Son ás dez da mañá e na praza da Quintana comeza unha ampla ringleira de persoas agarda para entrar na catedral unha media hora. Avanza esta primeira xornada de agosto e a cotorna da basílica vaise enchendo de máis e máis turistas e peregrinos. A Praza do Obradoiro é punto de encontro para moitos grupos que fan a visita a cidade atendo as explicacións dun guía.

"Hai días coma hoxe que non damos feito. Agosto está case completo, é moi bo", di unha guía turística.

Igual de esperanzados se mostran os restauradores da parte vella da cidade: "Mellor que nunca, coma un ano Santo normal case", "Xullo acabou por todo o alto", explican os encargados de dous restaurantes.

Noticias web

01/08/2021