CRTVG

Buscar

Santiago recibe turistas de toda Galicia nun Xoves Santo atípico

Publicado o 01/04/2021 20:49

Nesta Semana Santa singular que comeza hoxe moitos galegos escolleron Santiago como lugar de peregrinación para facer turismo interior que a día de hoxe é o único permitido.

"Agora que nos deixan sair do perímetro vimos a Catedral"

"Desfrútase máis polo tema de que hai menos xente pero tamén da un pouco de pena"

"Falta movimento, sobre todo nunha semana santa, pero hai bastante xente, máis da que esperaba, eu creo que os galegos estamos buscando os sitios bonitos que temos e aproveitándoos"

Malia a baixa ocupación hoteleira e sen peregrinos estranxeiros a cidade non estaba tan baleira de visitantes grazas a esas chegadas de residentes doutras vilas e cidades da comunidade.

"Pa mín é máis cómodo, os de Galicia o agradecemos xa que queda todo para nos"

"Este ano nótase que os que vivimos aqui podemos aproveitar para facer turismo dentro da comunidade"

Nin a choiva despois duns días solleiros, nin as restriccións, impediron a moitos galegos desfrutar das marabillas compostelanas con moitas menos aglomeracións nestas datas ca outros anos xacobeos.

Noticias web

01/04/2021