Santiago, Pontevedra e Vigo descenden ao nivel baixo de restricións
A partir do sábado, Santiago, Pontevedra e Vigo descenden un chanzo no nivel de restricións grazas á mellora dos datos epidemiolóxicos. A incidencia acumulada a catorce días nas tres cidades está por baixo dos 250 casos por 100.000 habitantes.
O sector da hostalería celebra o alivio das restricións. A vindeira fin de semana, os bares e restaurantes nestes concellos poderán aumentar o servizo no interior ata o 75 %. Polo momento, teñen que se conformar con usar a metade do espazo.
O nivel baixo tamén trae melloras nos locais de ocio nocturno que poderán abrir coas terrazas ao completo. Boa nova para os negocios afectados polos peches.
O resto das grandes cidades galegas van ter que agardar. Ferrol, Ourense, A Coruña e Lugo continúan, polo menos unha semana máis, no nivel medio.