CRTVG

Buscar

Santiago estrea o Xacobeo 2021-22 con ringleiras para atravesar a porta santa

Publicado o 01/01/2021 21:51

• Foron, sobre todo, veciños de Santiago os que quixeron cumprir co ritual xa no primeiro día deste ano santo atípico, sen turistas e con poucos peregrinos.

Hoxe á tarde a maioría foron composteláns que aproveitaron a ocasión de cumprir cun rito que só é posible nos anos xacobeos. Neste 2021 nótase a falta de turistas e de peregrinos que noutros anos santos ateigaban a praza da Quintana agardando para entrar pola porta santa. Con todo, algún peregrino atopamos. A catedral está xa pechada ao publico pero dende pola mañá houbo bastante afluencia de xente. Ademais de gañar o xubileu foron moitos os que aproveitaron para admirar o interior do templo logo da resturación.

Non por diferente era un momento menos agardado. Diferente, porque os primeiros en cruzar este ano a porta santa foron, na súa maioría, composteláns.

E é que entre a xente, nin turistas nin case peregrinos. Con todo, chegado do Porto e madrugador, atopamos un.

A pandemia marcou o inicio deste ano xacobeo pero os composteláns foron neste primeiro día de apertura da porta santa bos embaixadores da cidade. Vímolos da mañá á noite .

Xa no interior, atoparon unha catedral renovada. Quedan moitos días para comprobalo, este é só o primeiro. Aínda que con limitacións de ocupación e coa tradición de abrazar o Apóstolo en suspenso a porta santa está desde hoxe aberta para todos.

 

Noticias web

01/01/2021