CRTVG

Buscar

Santiago e comarca enfróntanse a un posible endurecemento das restricións

Publicado o 05/01/2021 14:54

Outra comarca en especial vixilancia é a de Santiago. En Compostela cidade a taxa de incidencia supera os 230 casos por cen mil, e a escalada xa contaxiou outros concellos lindeiros. O comité clínico advirte de que, se se consolida a tendencia, podería endurecer as medidas nos próximos días. 

Atravesada cada día por decenas de miles de persoas que entran e saen por razóns de traballo, Santiago non consegue recuperarse da covid. Pechada por segunda vez tras a ponte da Constitución, un mes despois, a cidade suma case outtos cen casos. 226 en total para os seus 96 mil habitantes, que non saben a quen achacar a repunta.

Pero nin propios hostaleiros descartan xa subir de nivel tras a reunión do próximo venres, restrinxir máis as ocupacións en interiores e pechar ás seis da tarde.

A carón de Santiago, Ames e Teo destacan tamén polo incremento dos casos nos últimos días. A cercanía e interdependencia de lugares coma O Milladoiro explicam que a incidencia estea xa igualada á da capital de Galicia. En Teo, con medio cento de casos para os seus 18.000 habitantes, xa superan as cifras relativas de Santiago. Tanto que o seu alcalde avoga por ampliar o peche perimetral.

"Sempre que a perimetraxe de Santiago foi distinta á de Teo, aos quince días acabamos sufrindo as consecuencias", afirma o alcade, Rafael Sixto.

Situacións, dos concellos da comarca de Santiago, que volverán estar este venres baixo a análise das autoridades sanitarias.

Noticias web

05/01/2021