Santiago é a cidade galega con maior porcentaxe de poboación vacinada
Publicado o 30/08/2021 21:14

O Sergas publicou os datos dos vacinados en cada concello galego.
Das sete cidades, Santiago é a que ten maior porcentaxe de maiores de 12 anos vacinada, cun 81 por cento. En Ferrol, Lugo e Ourense a porcentaxe de inmunizados sitúase no 80 por cento. Séguenas A Coruña, cun 78 %, e Pontevedra, cun 77,4 %.
Pecha a lista Vigo, cun 75 por cento de inmunizados.