CRTVG

Buscar

Santiago, de festa e cunha ponte máis longa, empeza a recuperar sensacións coa chegada de turistas

Publicado o 17/05/2021 14:40

O turismo comeza a espertar pouco a pouco en Santiago. Con el, os establecemento da zona vella recuperan actividade e sensacións perdidas. Por exemplo, nas tendas de agasallos.

No sector da restauración din que esta pequena reactivación do turismo en Santiago ten que ver tamén coa reapertura da fronteira con Portugal.

Nun pequeno hotel da zona vella, que levaba pechado desde o mes de outubro pasado, contan que aproveitaron esta ponte para volver abrir.

Segundo varios hoteis da zona vella de Santiago, a ocupación durante estes días foi de entre un 30 e un 40 por cento.


 

Noticias web

17/05/2021