CRTVG

Buscar

Santiago celebrará en novembro un congreso sobre protocolo que agarda contar coa presidencia de honra de Filipe VI

Publicado o 04/05/2021 20:34

O congreso ao que acudirán arredor de 500 dos maiores expertos internacionais en protocolo será o primeiro tras moitos meses. Durante o Xacobeo eses expertos porán en común todo o aprendido durante a pandemia. "Pon en valor que Galicia é un destino relixioso, de coñecemento pero tamén de concordia xa que o protocolo e unha ferramenta de concordia"

Camiñando Xuntos é o lema escollido xa que respectando as normas e as tradicións pretende romper barreiras e mostrar a clara evolución do protocolo a situarse preto das persoas e apostar pola proximidade."o protocolo como concepción diplómatico palatino morreu hoxe en día espállase por todos os campos de actuación"

A pandemia transformou a sociedade e tamén o protocolo, os congresos telématicos chegaron e agora o importante e quedar coa parte positiva.

"Cousas moi interesantes para utilizar en fase de non pandemia dando bos resultados e favorecer o protocolo de achegamento e a convivencia"

O comité de honra espera contar coa presenza da súa maxestade o rei, as dúas vicepresidentas galegas do goberno e o presidente da Xunta de Galicia entre outros.