Santiago acollerá en xullo a feira de aeronaves non tripuladas máis importante de España
Publicado o 08/06/2021 12:47
A Cidade da Cultura acolle do 7 ao 9 de xullo a sexta edición de UNVEX, a feira de aeronaves non tripuladas máis importante que se celebra en España e unha das máis destacadas a nivel mundial. Un escaparate que se presenta como unha gran oportunidade para potenciar a industria aeroespacial galega.