CRTVG

Buscar

Santi Mina estará de baixa entre 8 e 10 días

Publicado o 14/04/2021 16:49

• Sofre unha contusión con edema muscular no sóleo dereito

A resonancia realizada nas últimas horas polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Santi Mina desvela que o canteirán sofre unha contusión con edema muscular no sóleo da súa perna dereita. O periodo de baixa estimado é de entre oito e dez días dependendo da súa evolución.

O dianteiro do Celta de Vigo Santi Mina lamentou a lesión que sufriu a noite do luns ante o Sevilla porque estaba no seu "mellor momento" desde que regresou a Balaídos no verán de 2019 procedente do Valencia. "Sei que podo dar máis, sei que podo seguir sendo regular, que é algo que me estaba faltando", comentou o atacante tras recibir o premio Estrella Galicia ao mellor xogador celeste do mes de marzo.

Neste sentido, apuntou á chegada do técnico arxentino Eduardo 'Chacho' Coudet como unha das razóns da súa melloría porque lle deu "moitísima confianza" desde que substituíu a Óscar García Junyent no cargo.

"Ao principio estaba a dar un bo nivel, pero a pelota non entraba, e agora grazas a seguir con esa ambición estou a facer goles e axudando ao equipo, que ao final é o máis importante", sostivo Santi Mina, quen soña con "gañar un título" co Celta.

A lesión de Santi Mina complica a composición da dianteira do Celta para os próximos dous partidos. Con Ferreyra aínda doído polo golpe no nariz e sen saber se chegará a tempo, Coudet quedaría sen nove específico. Toca reordear o cadro ou tirar da canteira.

 

 

Noticias web

14/04/2021