CRTVG

Buscar

Santa Comba reduce a unha terceira parte os casos positivos en 3 semanas

Publicado o 18/01/2021 13:42

Santa Comba foi noticia a finais de agosto por un gromo detectado tras unha celebración familiar que obrigou a adoptar medidas restritivas no concello. Houbo outro pico da pandemia en novembro, e no Nadal a cifra de positivos estaba en 93. En apenas 3 semanas, a localidade logrou dobregar a curva e plantarlle cara ao coronavirus.

O último informe do Sergas contabiliza só 28 contaxios. As autoridades sanitarias atribúen esta boa evolución dos datos a varios factores: a responsabilidade da poboación e os mecanismos de prevención dos que dispoñen (test de antíxenos e cribados).

O concello de Santa Comba traballa man a man co persoal sanitario para poñerle freo á pandemia. Cren ademais que as sancións que se impuxeron en agosto por incumprir corentenas ou medidas preventivas tiveron un efecto exemplarizante para a poboación.

Esa é precisamente a clave, segundo as autoridades sanitarias, para lograr manter os bos datos: concienciación e responsabilidade.

Noticias web

18/01/2021