Santa Comba non consegue mellorar os datos e continúa no nivel medio
En Santa Comba están a medrar as infeccións, aínda que se constata un menor ritmo nos contaxios. Nos últimos sete días diagnosticáronse 16 novos positivos. A incidencia acumulada a catorce días supera os 380 casos por 100.000 habitantes
Na rúa séntese entre o cansazo e a resignación. A percepción do que está a suceder depende moito da experiencia persoal. Cos datos actuais, ten que quedar, polo menos unha semana máis, no nivel medio de restricións, co interior da hostalería ao 50 % e as terrazas dos pubs ao 75 %.
Neste chanzo, tamén quedan a partir do sábado outros corenta municipios: A Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán.