Sanidade volve sinalar as festas e botellóns como focos principais de contaxios
Publicado o 09/07/2021 15:59
Os contaxios seguen á alza, e seguen, sobre todo, sumando casos entre a xente nova. Sobe a incidencia acumulada entre os 20 e os 29 anos, e xa pasa dos 400 casos por cen mil habitantes. No lado positivo, o que non sobe de momento é a ocupación nos hospitais.
Preocupa que a situación poida mudar, e por iso lanzan un aviso aos máis novos. Hai ingresos de persoas vacinadas, incluso coa pauta completa.
E por iso pídese un último esforzo aos máis novos: que eviten os contaxios "de botellón" e que acudan aos cribados para facilitar o control de casos asintomáticos.