CRTVG

Buscar

Sanidade traballa para facilitar a vacinación en verán no lugar de vacacións, noutra área sanitaria

Publicado o 23/06/2021 14:18

Ás portas das vacacións a preocupación da maioría dos cidadáns é como encaixar ese período de descanso coa súa quenda de vacinacion contra a covid. Nos plans de moitos volven estar as viaxes. Segundo o destino que elixan, terán máis doado cadrar a axenda. Vacinarse noutra comunidade de momento non é posible, e para os que queden en Galicia vaise facilitar poder facelo fóra da súa área sanitaria. 

"Aquelas persoas que por algún motivo non podan poñer a segunda dose onde puxeron a primeira traballamos nun sistema para poder vacinalo onde esté", Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

Para os que xa están vacinados o certificado covid facilitaralles os desprazamentos, sobre todo para os queren viaxar ao estranxeiro. Solicitalo é moi sinxelo no propio centro de vacinación, no de saúde ou ben descargalo a través da plataforma Sergas mobil ou Pass Covid.

"No propio centro de vacinación podese recibir a clave e obter o certificado, este é o camiño máis inmediato o no que estamos a facer un esforzo grande", Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

Galicia foi das primeiras comunidades en expedir este certificado, e xa se traballa para que se poida adquirir en farmacias e vía telefónica.

Noticias web

23/06/2021