CRTVG

Buscar

Sanidade segue pendente da evolución da pandemia para decidir se pecha Galicia na ponte

Publicado o 30/11/2020 14:44

Achégase a ponte da Constitución e sanidade non descarta o posible peche da nosa comunidade autónoma para evitar a chegada masiva de persoas.

Esta fin de semana xa nos deixou imaxes de rúas ateigadas. Os descontos do Black Friday e a proximidade do Nadal animaron o ambiente en moitas cidades. Aínda que en Galicia o acendido das luces nas grandes cidades se espera para esta semana, xa se observan relaxacións. 

Polo de pronto, tocará esperar uns días para coñecer cal será o futuro de cara a estes días festivos e se haberá algun tipo de redución das restricións nos concellos máis afectados. 

Noticias web

30/11/2020